O servizo de emprego da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) rexistrou no ano 2023 unha diminución no número de contratacións con respecto ao ano anterior nun 18%. Durante este ano, foron contratadas a través de COGAMI 1.542 persoas con discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para profesión habitual: 317 na oficina de A Coruña; 207 na de Ferrol; 231 en Santiago; 157 en Lugo; 226 en Ourense; 223 en Pontevedra e 181 persoas contratadas en Vigo.
Este descenso no número de insercións, en palabras da coordinadora de Emprego, Mari Carmen Ínsua, “é algo que vimos detectando durante todo o ano”. Dende a área de emprego apuntan que a reforma laboral pode estar relacionada no descenso de contratos”, segundo explica Ínsua “fanse moitos contratos fixos descontinuos que, no caso das persoas con discapacidade, é máis complexa a desvinculación coa empresa e que a seguinte poida percibir as axudas por contratación.
Cogami pecha 2023 coa inserción laboral de 1.542 persoas con discapacidade
Incorporáronse 1.128 novas persoas á bolsa de emprego de COGAMI que contabiliza actualmente 17.380 persoas inscritas