O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero, acompañados do xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, asinaron este luns un protocolo de colaboración para a execución das obras de construción do novo Centro Integral de Saúde (CIS) da Guarda, contemplado na fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado pola Xunta en novembro de 2021.
― O novo Centro Integral de Saúde da Guarda, que se construirá nuns terreos próximos á base do GES, permitirá integrar no mesmo edificio os servizos de fisioterapia e saúde bucodental ou a base do 061.