sábado, noviembre 23, 2024
InicioConcellos +A CañizaA Cañiza apoia o deporte de base

A Cañiza apoia o deporte de base

O Concello vén de renovar o convenio de colaboración co Club Balonmán por un importe de 20.000 euros anuais

O Concello da Cañiza celebrou o seu primeiro pleno ordinario do ano 2024 no que, entre outros asuntos, aprobouse o convenio do Club Balonmán Cañiza por un importe de 20.000 euros , a pagar en 12 cotas de 1.666,67 euros ao mes. O acordo tamén contempla o dereito a utilizar e explotar o pavillón Carballo do Marco, instalación municipal na que adestran todos os equipos do club e sede social do CBC. Ademais, outórgaselle poder desfrutar doutros beneficios como instalar establecementos nos festexos locais para obter ganancias que lles permitan sufragar as tempadas deportivas, sen ter que aboar ningún tipo de taxa ao Concello.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS