Aínda que o toque de recollida estea fixado ás 22.00 horas e a hostalería teña que pechar ás 21.00 horas, algunha mocidade non se priva de facer botellón en pandemia no casco histórico de Vigo.
Na rúa Teófilo Llorente, hostaleiros e veciñanza alertaron ás forzas de seguridade de presenza na rúa de mocidade facendo botellón sen cumprir as normas de seguridade da COVID-19.
Na fin de semana e os festivos de Semana Santa os efectivos policiais víronse incluso desbordados nalgún momento.
Os hostaleiros temen que os casos de botellóns aumenten coa chegada do bo tempo e se se chega a dar unha ampliación do toque de recollida actual. Para evitar problemas, algúns optaron por darlle pulseiras de cores diferenciadas aos seus clientes, segundo sexan maiores de idade ou non, de maneira que se algún menor consume alcohol na rúa non se lles achaque a eles a venda.