sábado, noviembre 23, 2024
InicioA terraA nosa culturaObradoiros infantís de entroido no Museo de Pontevedra

Obradoiros infantís de entroido no Museo de Pontevedra

Dirixido á cativada de 6 a 10 anos, abre mañá martes o prazo de inscrición

O Museo de Pontevedra organiza o luns e martes de entroido dúas quendas dun obradoiro de elaboración de máscaras, dirixido a nenas e nenos de 6 a 10 anos. A actividade, de 90 minutos de duración, terá unha quenda o luns 12 de febreiro e outra o martes 13, ambos días de 11.30 a 13.00 horas. Cada unha das quendas conta con 15 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición escribindo a reservas.museo@depo.gal a partir das 09.00 horas de mañá martes, 6 de febreiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS