sábado, noviembre 23, 2024
InicioA terraA nosa culturaCoullaut-Valera, o escultor sevillano que se consagrou no Balneario de Mondariz

Coullaut-Valera, o escultor sevillano que se consagrou no Balneario de Mondariz

Unha mostra da a coñecer a Coullaut-Valera, o escultor sevillano que se consagrou no Balneario de Mondariz e que está considerado como imprescindible na arte urbana de principios do século XX en España.

Unha carreira que iniciou grazas ao patrocinio dos Peinador e que deu paso a obras como a escalinata do Gran Hotel e os seus xardíns, o anxo que coroa o edificio Metrópolis de Madrid (hoxe Hotel Four Season) ou a estampa de Don Quixote e Sancho na madrileña Praza de España.
A exposición, que está aberta ao público na entrada do Balneario ata o mes de xuño, dá a coñecer varias fotografías inéditas do escultor, imaxes da súa época no Balneario de Mondariz, así como varios dos bustos de Pardo Bazán, Concha Espina, Rosalía de Castro e Fernán Caballero que o escultor creou para a antiga biblioteca do Gran Hotel.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS