Galicia volveu rexistrar máis dun cento de novos contaxios de COVID-19 na última xornada, concretamente 112 novos positivos, subindo a 2.174 os seus casos activos (+4). Hospitalizadas hai 219 persoas, 32 delas en UCI.
En Galicia hai actualmente 2.174 galegos e galegas diagnosticados de COVID-19, son 7 máis que na última xornada. Subiron os casos nas áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Pontevedra. E baixaron nas que están á cabeza: A Coruña e Vigo.
A Coruña: 695 (-15)
Vigo: 577 (-4)
Santiago: 285 (+12)
Pontevedra: 246 (+13)
Ourense: 146 (+2)
Lugo: 133 (-1)
Ferrol: 92 (-4)
Nos hospitais de Galicia hai 219 persoas ingresadas: En planta 187 (+8) e na UCI 32 (-2).
Os falecementos desde o inicio da pandemia ascenden xa a 2.352 mortos.
O comité clínico que asesora á Xunta reúnese mañá e poderá decidir cambios nas restricións dalgúns concellos nos que subiu a incidencia a 7 días.