sábado, diciembre 21, 2024
InicioNewsA RaiaMúsica para celebrar o 12º aniversario da Eurocidade Tui-Valença

Música para celebrar o 12º aniversario da Eurocidade Tui-Valença

Un cento de músicos de catro agrupacións tudenses e valencianas ofrecerán un concerto no Teatro Municipal o sábado 10 de febreiro

A Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario o próximo sábado, 10 de febreiro, ás 21.00 horas no Teatro Municipal de Tui nun concerto a cargo de catro agrupacións tudenses e valencianas.

Participarán no evento un cento de músicos pertencentes ao Conservatorio Profesional de Música de Tui, á Academia de Música da Fortaleza de Valença, á Asociación Musical de San Pedro da Torre e á Banda de Música Popular de Tui. Na súa actuación realizarán un percorrido musical a través das cancións máis coñecidas de Galicia e Portugal.

Entradas

As entradas para poderanse retirar, de forma gratuíta, dende ás 20.00 horas, no despacho de billetes no Teatro Municipal, cun máximo de dúas localidades por persoa

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS