Con 6 positivos en COVID-19 máis que onte, ata os 19 nunha semana, Gondomar conta coa peor situación epidemiolóxica das comarcas
O concello do Val Miñor supera agora os 125 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana e achégase aos 250, segundo a última actualización de Sanidade. Son 19 positivos en COVID-19 en 7 días os que o SERGAS vén de detectar entre a veciñanza do municipio e 28 en 14 días. No Condado, é Ponteareas o que aumenta a incidencia ao superar agora os 25 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana logo de varias xorandas nas que non se achegaba a esta cifra, mentres que, no Baixo Miño, volven os casos a Tomiño.
A boa nova é que tres concellos melloran a súa situación epidemiolóxica. Un deles é Soutomaior, municipio no que o virus deixou de circular en 7 dáis e con non máis de 9 casos diagnosticados nunha semana cadanseu, Oia e A Cañiza baixan agora a incidencia a non máis de 75 contaxios por cada 100.000 habitantes.
Baiona, Salvaterra de Miño e Mos manteñen os máis de 75 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana e son menos de 25 positivos por 100.000 habitantes en Tui e na Guarda Nigrán, Crecente, Redondela, O Porriño e Vigo superan esta cifra, ao igual que na xornada anterior.
Sen positivos en COVID-19 nunha semana, atópanse O Rosal, Arbo, Pazos de Borbén, Mondariz e agora Soutomaior. Con todo, continúan con casos activos en dúas semanas polo que aínda non é posible incluílos na listaxe dos concellos libres do virus como si o están Salceda de Caselas, As Neves, O Covelo, Fornelos de Montes e Mondariz-Balneario.
Repunte de persoas ingresadas por mor da COVID-19 na Área
Son 54 pacientes nos hospitais da Área Sanitaria de Vigo os que están ingresados por mor do virus, 6 máis que onte, segundo o SERGAS. Deste xeito, 48 están en camas convencionais e 6 nas UCI. A área é unha das catro de Galicia que logran rebaixar o número de casos positivos en COVID-19 activos aínda que dunha forma livián con 6 menos aa os 621.