viernes, noviembre 22, 2024
InicioA terraA nosa culturaMúsica, teatro, danza e literatura no Festival Converxencias Portugal-Galicia

Música, teatro, danza e literatura no Festival Converxencias Portugal-Galicia

Celébrase do 3 de febreiro ao 9 de marzo entre as localidades de Braga, Ponteareas, A Estrada, Padrón e Santiago de Compostela

O Festival Converxencias Portugal-Galicia chega á súa 10ª edición cunha ampla programación cultural composta por música, teatro, danza e literatura que se repartirá do 3 de febreiro ao 9 de marzo entre as localidades de Braga, Ponteareas, A Estrada, Padrón e Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia.

O prato forte da edición será o concerto de Amancio Prada xunto á Orquestra Filharmónica de Braga, Canto D’Aquí e Coro de Pais o 25 de febreiro no Teatro Circo de Braga acompañado da Orquestra Filharmónica de Braga, o grupo portugués Canto D´Aquí e Coro do Pais do Conservatorio Gulbenkian, tamén de Braga, no que será un tributo a Zeca Afonso e Rosalía de Castro

Un mes de programación cultural

Como cada ano, este certame cultural programa unha serie de actividades arredor do 23 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro e de pasamento do cantautor portugués Zeca Afonso, estreitando os lazos que unen Galicia e Portugal e evidenciando as semellanzas entre as súas linguas e culturas.

A programación, que reúne diferentes persoeiros do mundo cultural das dúas beiras do Miño, como Uxía ou Adriana Moreira, entre moitos outros, abrirase este sábado 3 no Teatro Principal da Estrada cun concerto de fusión tradicional interpretado pola Banda de Música Municipal da Estrada e Canto D´Aquí.  O broche final a máis dun mes de programación porao outro concerto, neste caso o da Orquestra de Cordofones Tradicionais de Braga e a Orquestra local de Ponteareas, que terá lugar no dito concello pontevedrés.

As actividades, datas e localizacións, poden consultarse no Portal da Lingua Galega

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS