A exposición itinerante Mujeres ingenieras de éxito chega a Vigo. A mostra, emprazada ata o vindeiro 14 de febreiro no salón de actos da sede do campus da Escola de Enxeñería Industrial, é un proxecto que nace para promover a presenza de mulleres nas disciplinas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), xa que o talento feminino e o potencial creativo da muller resulta clave para a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico empresarial e da sociedade.
O secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes, participou hoxe no acto de inauguración da mostra, organizada pola Asociación de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de Pontevedra e polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo.
Novo impulso feminino nas disciplinas STEM
a Asociación de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de Pontevedra e O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo organizan a exposición itinerante "Mujeres ingenieras de éxito"