martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísRepunte dos contaxios en toda Galicia agás na Coruña

Repunte dos contaxios en toda Galicia agás na Coruña

En plena Semana Santa os contaxios de COVID-19 aumentan en Galicia, froito do comportamento das galegas e galegos anterior a estes días de descanso. Soben os casos en todas as áreas sanitarias, agás na coruñesa.

A área sanitaria de Vigo xa supera os 600 casos activos e con creces. Na última xornada subiu en 30 os seus diagnosticados de coronavirus e sitúase nos 619, cando fai algo máis dunha semana estaba por baixo dos 500 positivos.

O predominio da variante británica (máis do 90% dos casos) nótase: É máis contaxiosa e a capacidade de contaxio dura máis días.

A curva deixa de descender, de momento non sobe e segue en meseta. Galicia ten arestora 2.354 casos activos, son  47 máis ca onte, logo de 169 novos positivos detectados nun único día.

Por áreas sanitarias, todas soben, agás a da Coruña, á cabeza:

A Coruña: 791 (-25)

Vigo: 619 (+30)

Pontevedra: 231 (+13)

Santiago: 268 (+13)

Lugo: 169 (+1)

Ferrol: 131 (+1)

Ourense: 145 (+14)

Sobe o número de persoas nas UCI, de 26 pasadmos a 30, aínda que baixan os hospitalizados a menos de 200 e quedan en 197 persoas ingresadas, cifra do 5 de setembro.

A situación nos hospitais non debe despistar a nosa atención porque o aumento dos contaxios tarda aínda días en traducirse en aumento de ingresos.

O Sergas notificou na última xornada o falecemento de seis persoas por mor do coronavirus, o que eleva a cifra de vítimas da pandemia a 2.342 persoas en Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS