Concertos, actividades infantís, pasarúas, cine e tratro integran a programación cultural de San Telmo entre o 7 e o 12 de abril.
A pandemia volve a suspender por segundo ano consecutivo as tradicionais Festas de San Telmo, pero o Concello de Tui no quere deixar aos veciños sen unha programación cultural coa que celebrar de algunha maneira o día do seu patrón. Actividades infantís na rúa, teatro, cine e música conforman a axenda cultural de San Telmo, desde o 7 ao 12 de abril. A gran novidade desta edición serán os Premios Cidade de Tui, en cuxa primeira edición estarán dedicados ao escultor Silverio Rivas, ás relixiosas de San Telmo e ao recentemente falecido Alberto Estévez Piña.
Os Premios Cidade de Tui se entregarán nunha gala que terá lugar o luns, día 12, ás 13 horas, no Teatro Municipal. Están pensados para “homenaxear a persoas que fixeron deste Concello o que é”, segundo palabras do alcalde, Enrique Cabaleiro, que revelou que o xurado decidiu establecer tres categorías. A título individual, o Concello de Tui premiará ao escultor Silverio Rivas, natural de Ponteareas pero afincado desde fai anos na parroquia de Paramos, onde ten o seu obradoiro. A nivel colectivo, serán homenaxeadas as relixiosas da congregación de San Telmo e, de maneira póstuma, tamén recibirá o recoñecemento do Concello Alberto Estévez Piña, xornalista, escritor, cineasta e un gran amante da arte, da filatelia e de Tui.
Ademais deste acto institucional, a programación combinará actividades ao aire libre con citas no Teatro Municipal cos máis estritos controis de seguridade. Tanto o alcalde, Enrique Cabaleiro, como a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, presentaron hoxe esta programación facendo un chamamento á precaución e indicando que “a cultura é segura”.
Programación de San Telmo por días
- Mércores, 7 de abril:
Animación circense polas rúas do Paseo da Corredoira “De Frac” ás 17 e ás 19 horas.
Espectáculo de circo e acrobacias “Lila star” na carpa do Paseo da Corredoira ás 18 horas.
Cinema coa proxección do filme “Ons” no Teatro Municipal ás 20 horas.
- Xoves, 8 de abril:
Animación na rúa con pompas de xabón “3 Pompeiras” no Paseo da Corredoira ás 17 e ás 19 horas.
Música con “Brinca vai” na carpa do Paseo da Corredoira ás 18 horas.
Función de teatro “32m2” no Teatro Municipal ás 20 horas
- Venres, 9 de abril:
Animación circense con “O Circo” polas rúas do Paseo da Corredoira ás 17 e ás 19 horas.
Espectáculo con “Circo-acrobacia” na carpa do Paseo da Corredoira ás 18 horas.
Concerto de Andrea Pousa no Teatro Municipal ás 20 horas.
- Sábado, 10 de abril:
Animación con “Os Velocíclopes” nas rúas do Paseo da Corredoira ás 17 e ás 19 horas.
Comedia e maxia con “O Súper Heroe” na carpa do Paseo da Corredoira ás 18 horas.
Concerto de Mercedes Peón no Teatro Municipal ás 20 horas.
- Domingo, 11 de abril:
Animación circense con “Circo Krasnovarak” nas rúas do Paseo da Corredoira ás 17 e ás 19 horas.
Comedia e maxia con “Novas tolemaxias” na carpa do Paseo da Corredoira ás 18 horas.
Concerto de Víctor Coyote no Teatro Municipal ás 20 horas.
- Lúns, 12 de abril
Premios Cidade de Tui no Teatro Municipal ás 13 horas.
Animación circense con “Polis-Tolos” polas rúas do Paseo da Corredoira ás 17 e ás 19 horas.
Música con “Uxías Lambona e a Banda Molona “ na carpa do Paseo da Corredoira ás 18 horas.
Concerto da Banda de Música Popular de Tui no Teatro Municipal ás 20 horas.
**Para todas as actividades celebradas na carpa ou no Teatro Municipal será necesario reservar plaza previamente en tui.gal. Todas son gratuitas, cun aforo de 180 persoas no Teatro Municipal e entre 100 e 120 na carpa da Corredoira.