lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaNova senda para mellorar a seguridade entre o casco urbano e o...

Nova senda para mellorar a seguridade entre o casco urbano e o IES Pedra Rubias

Cinco anos despois de que se aprobase, a Xunta vén de adxudicar a súa construción por un importe de 710.000 euros. As obras comezarán entre finais de abril e principios de maio e terán un prazo de execución de 6 meses.

A nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Salceda de Caselas, estará remata este ano.
Precisamente o pasado mes de outubro, dende o Concello urxían a execución desta obra. Lembraban dende o consistorio que “dende o ano 2016, a Xunta de Galicia estivo a traballar no proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na PO-411, ao seu paso pola parroquia de Parderrubias, que suporía a mellora da seguridade viaria entre o casco urbano e o IES Pedras Rubias, nunha zona actualmente moi perigosa para o tráfico peonil. A iniciativa foi aprobada pola Administración Autonómica o 7 de marzo de 2016 dentro do Plan de Sendas de Galicia para o fomento da mobilidade sostible. 8 das 9 sendas aprobadas entón foron executadas, quedando tan só pendente a de Salceda de Caselas”.

Características técnicas

Trátase da execución dunha senda de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude, cun trazado que coincide en planta e alzado coa vía actual (PO-411) e cun ancho que oscilará entre os 1,80 e os 2,30 metros.
A actuación desenvólvese en tres treitos: un na marxe dereita da vía de acceso ao IES Pedras Rubias; outro na marxe esquerda da estrada PO-411, entre os puntos quilométricos 4+260 e 5+985; e o terceiro, tamén pola marxe dereita, entre os puntos 5+970 e 6+250.
Ademais proxéctase un paso de peóns elevado no punto quilométrico 3+715, a ampliación do paso sobre o regato de Landres e a mellora das interseccións e accesos ás vivendas. Nas obras tamén se prevé o traslado da marquesiña existente no punto quilométrico 5+910, así como a reposición dunha serie de treitos da rede de saneamento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS