lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísMáscara na praia sempre pero sen ela ao facer deporte sós

Máscara na praia sempre pero sen ela ao facer deporte sós

A máscara debemos tela posta SEMPRE, ao aire libre ou en espazos pechados de uso público, aínda que esteamos a 1,5 metros de distancia doutra persoa. A excepción é a práctica deportiva individual ao aire libre. A lei de nova normalidade saiu publicada no BOE este martes.

Si cando esteamos tumbados na praia tomando o sol tamén a deberemos ter posta e tamén cando esteamos metidos na auga mollando unicamente o corpo até os xeonllos. Soamente a poderemos quitar se nos imos bañar por completo.

A partir dos 6 anos obrigatoria sempre, a distancia xa non vale de excusa.

As únicas excepcións para non levar posta a máscara segundo o BOE no que sae publicada a lei de nova normalidade, aprobada a semana pasada no Congreso, son:

  1. Persoas con enfermidade respiratoria ou en situación de discapacidade: a obrigación non será exixible para as persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitarse a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
  2. Deporte ao aire libre: tampouco será exixible no caso de exercicio de deporte individual ao aire libre.
  3. Outras excepcións: tampouco será obrigatorio nin nos supostos de forza maior ou situación de necesidade ou cando, pola propia natureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, con arranxo ás indicacións das autoridades sanitarias.

A nova lei estará en vigor até que se dea por finalizada a crise sanitaria actual pola COVID-19.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS