viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO futuro hotel de Cabo Silleiro, exemplo da aposta turística na costa...

O futuro hotel de Cabo Silleiro, exemplo da aposta turística na costa galega

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación da remodelación e rehabilitación dos faros grande e pequeno

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o futuro complexo hoteleiro de Cabo Silleiro como un exemplo da aposta e defensa de Galicia pola súa paisaxe, historia, valores e gastronomía, ao tempo que contribuirá a seguir atraendo á comunidade un turismo sostible. Está previsto que abra a comezos do verán e contará con 16 habitacións.

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia:

Rueda expresou o seu desexo de que esta idea se poida seguir trasladando a outros lugares de Galicia. “Hai emprazamentos que terían unha utilización turística fantástica, respectando o entorno e poñéndoo máis en valor e cunha segunda vida tamén económica. Porque a costa hai que preservala pero na costa tamén hai que vivir e seguir creando riqueza”, asegurou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS