lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasSobe a incidencia en Salvaterra, Oia, Tui, Nigrán e Crecente e baixa...

Sobe a incidencia en Salvaterra, Oia, Tui, Nigrán e Crecente e baixa en Pazos

Salvaterra de Miño rexistra agora máis de 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana ao igual que Oia, segundo o SERGAS.

Con non máis de 9 novos casos positivos en COVID-19 nunha semana, aumenta a ciruclación do virus entre os veciños e as veciñas de Salvaterra de Miño e de Oia. Arestora, estes dous concellos rexistran unha incidencia superior aos 75 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana logo de que na xornada anterior non se achegaban a esta cifra. Polo tanto, teñen agora a mesma situación epidemiolóxica que Gondomar, A Cañiza e Mos. Neste último municipio, Sanidade vén de diagnosticar catro positivos máis que onte ata os 16 en 7 días.

Aumenta tamén en Nigrán e volven os contaxios ao municipio de Crecente. Ambos sitúanse na mesma incidencia que Baiona, Redondela, Arbo e Vigo con máis de 25 contaxios nunha semana por cada 100.000 habitantes.

Pola contra, é Pazos de Borbén o único concello no que non aumentan os casos. É máis, descende a presión do virus entre a súa veciñanza pois, nesta última actualización, o SERGAS sitúao na incidencia inferior aos 75 contaxios por cada 100.000 habitantes. Cómpre lembrar que este municipio era o que presentaba a peor situación epidemiolóxica da bisbarra ata onte.

En Tui, aumenta, dun xeito livián, o número de novos positivos en 7 días. Este municipio do Baixo Miño rexistra unha incidencia superior aos 10 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana mais non supera os 25 contaxios en 7 días polo que continúa fóra da zona considerada por Sanidade como de risco.

Así, agora é Tomiño o único concello no que o virus deixou de cirucular nunha semana aínda que si ten presenza con menos de 25 contaxios por cada 100.000 habitantes en 14 días. A Guarda, O Rosal, Soutomaior, O Porriño, Ponteareas e Mondariz continúan cunha incidencia baixa de non máis de 25 positivos por cada 100.000 habitantes nunha semana .

Seguen libres de COVID-19 os concellos de Fornelos de Montes, Salceda de Caselas, As Neves, O Covelo e Mondariz-Balneario posto que o SERGAS non detectou ningún caso entre a súa veciñanza nin nunha semana nin en dúas.

Falecen tres persoas por mor da COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo

Sanidade vén de notificar o falecemento de tres persoas da área por mor do virus entre o 29 e o 30 de marzo. Trátase dun home de 84 anos no CHUVI, un home de 70 anos en Povisa e dunha muller de 84 anos no Hospital Vithas Fátima de Vigo. As tres persoas presentaban patoloxías previas, segundo o SERGAS.

Pola súa banda ,son 30 positivos máis na Área Sanitaria de Vigo ata os 619 casos activos. A presión hospitalaria descende nun paciente menos ingresado. Así, son 39 en camas convencionais e 5 nas UCI. No que levamos de pandemia son xa 417 as persoas que perderon a vida por mor do virus.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS