viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeDetidas dúas persoas en Bueu por un suposto delito de tráfico de...

Detidas dúas persoas en Bueu por un suposto delito de tráfico de drogas

A Garda Civil de Marín, en colaboración coa Patrulla e o Equipo de Investigación da Compañía de Pontevedra, detiveron a dúas persoas como supostas autoras dun delito de tráfico de drogas na localidade de Bueu.

A súa detención culmina unha investigación iniciada fai dous meses, cando se detecta a posible comisión dun delito de tráfico de drogas, nun domicilio situado no centro do casco urbano de Bueu.

Trala entrada e rexistro do domicilio practicada con autorización da autoridade xudicial, no seu interior interviñéronse 430 doses de heroína e 70 de cocaína, ademais de 2.000 euros en efectivo.

Os detidos son un varón de 58 anos e unha muller de 46, residentes no domicilio rexistrado. Os dous contan con antecedentes pola comisión de delitos de tráfico de drogas. Esta operación enmárcase na loita contra o tráfico de drogas a pequena escala, tendo en conta a alarma social e a inseguridade que provocaba para os veciños de Bueu

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS