A tenente de alcalde en Pazos de Borbén, Eloisa Nogueira,explica que subiu a incidencia no municipio polos contaxios en dúas familias
Nogueira explica para os informativos locais e comarcais de Si Radio que, ao ser unha poboación de 3.000 habitantes, a poucos novos contaxios que se produzan no municipio, fan que se dispare a incidencia da COVID-19 no concello. Arestora, é o que presenta a peor situación epidemiolóxica con máis de 125 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. Neste sentido, sinala que se trata de non máis de 9 positivos que se deron en dúas familias de Pazos de Borbén.
Con todo, Eloisa Nogueira agarda que evolucione favorablemente esta incdiencia e «mellorar o nivel de restricións nas proximas reunións do Comite Clínico». Na actualidade, a hostalería do municipio só pode abrir ao 50% da capacidade e só nas terrazas.
Podes escoitar a conversa completa aquí: