Baiona non ten agora más de 9 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana, segundo o SERGAS.
A última actualización de Sanidade relficte que a presión da COVID-19 é menor en Baiona con respeto a onte pois o municipio sitúase agora na mesma incidencia que Oia, Vigo, Redondela, Arbo e Salvaterra de Miño con menos de 75 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. Con todo, o concello do Val Miñor é o que ten maís contaxios en 14 días con máis de 150 por cada 100.000 habitantes.
Pola contra, Mos empeora a súa situación epidemiolóxica. Na xornada anterior, o municipio non chegaba aos 75 contaxios por cada 100.00 habitantes nunha semana e arestora, supéraos. Son 12 positivos os que se diagnosticaron entre a súa veciñanza en 7 días, un máis que onte. Ponteareas tamén aumenta os casos en COVID-19 aínda que dun xeito máis livián posto que segue sen rexistrar máis de nove contaxios. Así todo, agora supera os 10 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana logo de varios días sen achegarse a esa cifra.
Pazos de Borbén continúa como o concello cos peores datos da COVID-19 da bisbarra: entre 125 e 250 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana e máis de 150 en dúas. Nesta localidade de 3.000 habitantes, detectáronse varios gromos familiares, o que fixo que se disparara a incidencia, segundo apuntan fontes do concello.
Nunha mellor situación epidemiolóxica, atópanse Tomiño, Tui e Crecente. Este último sen contaxios nunha semana aínda que si en duas. Precisamente, a dúas semanas é o de Tui o que rexistra unha menor presión do virus entre a sua veciñanza.
A Guarda, O Rosal, Nigrán, Soutomaior, O Porriño e Mondariz manteñen os datos en relación á actualización de onte do SERGAS con menos de 25 contaxios por cada 100.000 habitantes en 7 días. De igual xeito, Gondomar e A Cañiza seguen nunha incidencia superior aos 75 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. O municipio do Val Miñor é o que rexistra unha maior presión do virus con maís de 150 positivos por cada 100.000 habitantes.
As «illas» das comarcas, polas que non cirucla o virus nin en 7 nin en 14 días, son Salceda de Caselas, Fornelos de Montes, O Covelo, Mondariz-Balneario e As Neves.
Aumentan os positivos activos na Área
Son 589 persoas da Área Sanitaria de Vigo as que deron positivo en COVID-19, 15 máis que onte, segundo a última actualización do SERGAS. Aumenta o número de pacientes ingresados por mor do virus ata os 41, tres máis que na xornada anterior, pero son dous menos nas UCI ata os catro.
Sanidade vén de notificar o falecemento dun home de 76 anos no CHUVI o día 28 de xaneiro. O home presentaba patoloxías previas. Son xa 414 veciños e veciñas da Área os que perderon a vida a causa do virus dende o inicio da pandemia.