O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, acusa a Rueda de “mentir sobre o colapso que hai nas Urxencias dos principais hospitais de referencia de Galicia”, xa que tanto usuarios como sindicatos e profesionais confesan “estar ao límite”, informan “dun pico nunca visto antes” e advirten de que “aínda non chegou o peor”. Fíxoo ás portas de Urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), en Lugo.
O candidato socialista considera que esta “situación estoupa en Urxencias, pero non é un problema de Urxencias senón que vén derivado do peche de centros e consultas de Atención Primaria».
Afirma que a súa mala xestión nas Urxencias “provoca a suspensión de cirurxías e afecta a outras especialidades, segundo as denuncias dos profesionais sanitarios”.
Besteiro comprométese a recuperar profesionais para a Sanidade que recurtou o PP: “En Galicia temos hoxe 900 menos na Atención Primaria que no último ano do goberno de Touriño”.