domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísPontevedraChoca contra o muro dunha casa e fire ao seu habitante ao...

Choca contra o muro dunha casa e fire ao seu habitante ao evadir un control

Sucedeu en Cambados, o condutor era novel e cuadriplicaba a taxa de alcol. O habitante da vivenda resultou ferido grave e tivo que ser evacuado ao hospital.

A Garda Civil interceptou na tarde do pasado sábado a un condutor novel, de 19 años, que tratou de eludir un control establecido por una patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra con motivo da verificación das medidas establecidas para a xestión da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
Os feitos sucederon ás 17.35 horas, no quilómetro 0,4 da estrada PO-302, en Cambados, cando os axentes aprecian como un turismo que se dirixía á zona do control pretende evadilo cambiando bruscamente a súa dirección. Coa manobra perde o control do vehículo e sáese da vía chocando co muro dunha vivenda.
O turismo conducíao un mozo de Vilanova de Arousa que, xunto ao acompañante resultaron ilesos. Ao outro lado do muro atopábase un habitante da vivenda que resultou ferido de gravidade nunha perna e tivo que ser trasladado de urxencia ao hospital Montecelo de Pontevedra.
Ao realizarlle a proba de alcolemia ao condutor deu resultados positivos de 0,66 y 0,65 mg/l en aire inspirado, cuadriplicando o máximo permitido de 0,15 mg/l., para condutores noveles.
Deste xeito, atribúeselle un delito contra a seguridade viaria e outro de lesións por imprudencia, polo que se podería enfrontar a pena de prisión de tres a seis meses ou a multa de seis a doce meses con traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en cuáquera caso, coa privación do dereito a conducir vehículos a motor ou ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.
Instrúense dilixencias que serán entregadas no Xulgado de Instrución de Garda de Cambados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS