domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísCribados en Sanxenxo e Baiona para detectar asintomáticos

Cribados en Sanxenxo e Baiona para detectar asintomáticos

Cribado masivo no pavillón de Baiona para detectar asintomáticos mediante probas PCR en plena Semana Santa. O Sergas citou a 4.500 veciños e veciñas de entre os 16 e os 79 anos.

A Consellería de Sanidade elevou as restricións en Baiona oa nivel alto, ao aumentar en pouco tempo os contaxios neste concello tan turístico.  Baiona pasou de ter cero infectados a pasar da barreira dos vinte, o que chegou a situar ao municipio nun nivel de incidencia superior aos 150 casos. Actualmente a incidencia baixou dos 125 contaxios por 100.000 habitantes, ao contabilizar na última xornada 10 positivos, a metada que a xornada anterior.

Con todo, a pesar de ser unha vila tan turística, esta Semana Santa a hostalería de Baiona só pode atender en terraza, ao 50%.

En Sanxenxo tamén se realiza  un cribado masivo para dar cos positivos asintomáticos que poidan contaxiar.

Este martes e mércores hai previstos novos cribados entre os 2.400 veciños que traballan de cara ao público.

Con 28 casos diagnosticados nos últimos sete días, disparouse a incidencia acumulada, polo que as restricións son agora de nivel alto, coa hostalería pechada no seu interior.

Á veciñanza de Baiona e Sanxenxo preocúpalle a chegada de turistas esta Semana Santa que poida elevar os positivos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS