lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísAberto o prazo para solicitar o voto por correo nas eleccións galegas

Aberto o prazo para solicitar o voto por correo nas eleccións galegas

Desde este mércores e ata o 8 de febreiro poderá solicitarse o voto por correo para o 18F.

O Diario Oficial de Galicia publicou este 26 de decembro a disolución do Parlamento de Galicia. A nova Cámara constituirase o 18 de marzo ás 11.00 horas, un mes despois de que se celebren os comicios o 18 de febreiro, domingo de entroido.

No que respecta á campaña electoral comezará o 2 de febreiro

O voto poderá emitirse por correo ata o 12 de febreiro.

A Coruña elixirá 25 deputados; Pontevedra 22 e Ourense e Lugo 14 cada unha. A campaña electoral comezará na medianoite do 2 ao 3 de febreiro e concluirá na medianoite do 16 ao 17 de febreiro.

Con todo o envío da documentación electoral comezará o 29 de xaneiro. Segundo a lei electoral, ese prazo rematará o vindeiro 8 de febreiro e o 12 será o derradeiro día en que se poida depositar o voto en Correos.

Tamén veñen datas clave para os partidos que concorrerán aos comicios. As posibles alianzas poderán comunicarse ata o 5 de xaneiro, véspera da festividade de Reis, mentres que as candidaturas aínda teñen marxe ata o 15 do mesmo mes para facerse públicas.

A proclamación das candidaturas será o 22 de xaneiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS