De novo Arousa e de novo narcotráfico.
A Garda Civil detivo polo menos a 10 persoas nun operativo internacional contra a droga que tería como centro o Salnés. Rexistros e detencións ordenadas pola Audiencia Nacional.
O operativo esténdese a outras provincias e a Portugal.
Ao fronte das actuacións está o Equipo contra o Crime Organizado en Galicia da Garda Civil e a Policía Xudiciaria lusa.
Os rexistros realizáronse en diferentes inmobles de Vilanova de Arousa e doutras provincia.
Non se descartan máis detencións.