viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsSucesosAmeaza de bomba en tres colexios galegos

Ameaza de bomba en tres colexios galegos

Tres colexios internacionais de Galicia recibiron ameaza de bomba este luns por correo electrónico e tiveron que pechar: Sek-Atlántico de Poio, Os Sauces de Pontevedra e o Gándara Internacional School de Gondomar.

Varios colexios internacionais de España tiveron que facer o mesmo tras recibir un aviso de ameaza de bomba por correo electrónico.

Un usuario anónimo aseguraba ter postos artefactos explosivos dentro dos centros educativos.

Case 24 colexios privados foron ameazados nas últimas horas, catro en Zaragoza, pero tamén en Cataluña, Valencia, as Canarias e tres en Galicia.

Tanto a Policía Nacional como a Garda Civil están investigando a veracidade dos avisos, aínda que todo apunta que foron ameazas falsas, algo que aconteceu xa en ocasións anteriores en época de exames.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS