A Asociación San Xerome Emilini encabeza esta loita cun proxecto pioneiro consistente nunha cooperativa residencial.
Logo de máis de corenta anos traballando para facer máis doada a vida das persoas con diversidade intelectual do Baixo Miño, a Asociación San Xerome Emiliani da Guarda por en marcha Fogares Sanxe, un proxecto, pioneiro en España, que trata de garantir o dereito das persoas con diversidade intelectual a independizarse.
Fogares Sanxe será una cooperativa residencial con capacidade para 60 usuarios que se emprazará no antigo colexio Carmelitas, un edificio no centro urbano da Guarda que será rehabilitado.
San Xerome leva dous anos traballando intensamente no proxecto. O paso máis importante foi a doazón do edificio do colexio Carmelitas por parte dos anteriores donos. A súa reforma está valorada en 6 millóns de euros, para o que piden o apoio económico de todas ás administracións.