jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsA RaiaA aceleradora de empresas turísticas de Galicia ábrese tamén a Portugal

A aceleradora de empresas turísticas de Galicia ábrese tamén a Portugal

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na terceira edición de Turislab, a aceleradora de empresas para o sector turístico liderada pola Xunta de Galicia e que este ano incorpora, entre algunhas das súas novidades, incorporará a presenza de Portugal. Así, xunto a Turismo de Galicia este ano estarán na iniciativa a Cámara de Comercio de Pontevedra Vigo e Vilagarcía de Arousa e a Comunidade Intermunicipal Alto Minho (CIM AM) ao adscribirse agora ao Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal-POCTEC, enmarcado na área de cooperación Galicia-Norte de Portugal.

Xa está aberto o prazo para que os emprendedores de Galicia e do Norte de Portugal no ámbito do sector turístico presenten os seus proxectos de emprendemento no sector turístico nalgunha das categorías definidas nas bases de participación neste programa de aceleración.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS