A Guarda, Gondomar, Nigrán e tamén a Deputación de Pontevedra súmanse a esta iniciativa simbólica en favor do medio ambiente.
Baixo o lema «Na hora do planeta conéctate coa natureza» presétanse esta acción que naceu fai catorce anos e que foi promovida pola organización WWF. Este sábado, 27 de marzo, entre as 20.30 e as 21.30 horas serán milleiros de cidades, institucións e persoas de todo o mundo as que amosarán o apoio global á acción conxunta contra o cambio climático apagando as súas luces. Deste xeito, concellos comos os da Guarda, Gondomar ou Nigrán e tamén o goberno provincial veñen de anunciar que apagarán as luces dos seus edificios e sedes.
Na Guarda apagará as luces as luces nas rúas Galicia, Puerto, Rico, Vicente Sobrino, Pacífico Rodríguez, Joaquín Alonso e Cervantes, así como as das prazas do Relo e a do Montereal. En Gondomar, ademais de apagar durante unha hora os edificios e monumentos máis representativos do Concello, ampliarase ao centro urbano do municipio sumándose a Praza Paradela, as rúas Portugal, Párroco Mariño, Rosalía de Castro e o Parque da Coelleira. En Gondomar apagarán a casa consistorial.
Dende esta ONG sinalan que 2021 é un ano decisivo para a natureza. A crise climática é unha realidade e hai que actuar xa. A natureza protéxenos, aliméntanos e é a nosa fonte de saúde. A hora do planeta 2021 será o maior evento dixital en defensa do medio ambiente e unha chamada a actuar polo clima e conectar coa natureza.