sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsPodemos Galicia non quere repetir o modelo de coalición con Sumar

Podemos Galicia non quere repetir o modelo de coalición con Sumar

O grupo de Podemos Galicia, sen representación no Parlamento, contesta á proposta do voceiro de Sumar, Ernest Urtasun, en relación ao proceso de negociación que se está a desenvolver en Galicia de cara ás elección autonómicas. Neste sentido, o coordinador nacional, Borja San Ramón, apunta que «non é razoable reperir o modelo das eleccións xerais ou das últimas eleccións andaluzas onde se esixa un cheque en branco para comezar a campaña electoral e despois pechemos os acordos políticos no último minuto». Insistiu en que «a cidadanía galega ten dereito a coñecer a forma final do proxecto para poder decidir o sentido do seu voto, ademais dos propios inscritos de Podemos Galicia, que terán que ratificalo co seu voto”.

Con todo, Podemos Galicia si opta por materializar un acordo para concorrer de maneira conxunta nas eleccións autonómicas polo que, segundo dixo o coordinador Borja San Ramón «non sei a que esperan para facer unha proposta ao noso documento. O meu teléfono esta dispoñible as 24 horas do día, estou disposto a sentarme con Urtasun ou con quien dispoñan se é o que queren. Galicia non se pode permitir que agardemos a que Rueda convoque eleccións para volver a chegar a un acordo”.

San Ramón destacou que “remitimos a Movemento Sumar Galicia un acordo integral de máis de 10 folios que inclúen unha proposta electoral completa para poñer en marcha unha coalición, un programa de mínimos e unha campaña electoral, e levamos semanas sen recibir ningunha proposta. Podemos Galicia está disposto para sentarse á mesa hoxe mesmo, as galegas non poden esperar”.  

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS