A obra «A prisión de Francisco I» que estaba en depósito no Concello desde 1929, volveu esta semana ao museo madrileño.
Foi un equipo técnico enviado polo Museo do Prado que o retirou e trasladou.
O óleo, obra do pintor italiano Giovanni Migliara, foi cedido polo Museo do Prado ao Concello do Porriño con data do 11 de decembro de 1929. A pintura estivo colgada nunha das paredes da antiga oficina da Alcaldía durante 92 anos.
El Prado disperso
É parte do que se chama «El Prado disperso”, que denomina as obras das diferentes coleccións pictóricas que o museo cedeu debido á escaseza de espazo de exposición nas súas dependencias desde que abriu ao público, en 1819. Máis dun século despois, a partir de 1980, a Dirección comezou unha revisión dos depósitos feitos para verificar que as obras permaneceron nos lugares e institucións que documentaban os seus arquivos e coñecer o seu estado de conservación.
O levantamento do depósito feito a Porriño responde á decisión do museo para volver a expoñer a pintura de Migliara nas salas do século XIX. Probablemente a mediados deste ano, segundo o persoal do Prado. Previamente pasará por un proceso de posta a punto polos restauradores do museo, aínda que o estado de conservación é bo, segundo comunicaron.
«A prisión de Francisco I» recrea o encarceramento do antigo rei Francia na Cartuja de Pavía, logo de ser derrotado polo emperador Carlos I en 1525. Este lenzo foi pintado por Giovanni Migliara ao redor de 1825 segundo os rexistros do Museo do Prado. A raíña María Cristina de Borbón mercouno e incorporouse aos fondos da pinacoteca nacional.