martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoAcitui agasalla cunha vieira á cidade de Tui no seu 25 aniversario

Acitui agasalla cunha vieira á cidade de Tui no seu 25 aniversario

A escultura, localizada na Praza de Galicia, representa a vinculación de Tui co Camiño de Santiago.

A Asociación de Comerciantes de Tui (Acitui) agasallou hoxe á cidade de Tui coa escultura dunha vieira que, segundo o presidente da asociación, Juan Carlos Blanco, representa a vinculación do Camiño de Santiago co municipio e reivindica a ruta portuguesa tradicional. Acitui entrega este agasallo a Tui no 25 aniversario do colectivo, polo que a estatua tamén é un homenaxe “a todas as persoas que pertenceron á asociación, e ao miles de peregrinos que pasaron pola cidade e abriron a porta ao turismo”.

A vieira localízase na Praza de Galicia, onde esta mañá tivo lugar un acto de inauguración ao que asistiron o bispo da Diócese de Tui-Vigo, don Luis Quinteiro Fiuza; o comandante do Miño, Juan Díaz; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López; o alcalde, Enrique Cabaleiro; o xefe da Policía Local de Tui, Jose Manuel Arca; e concelleiros da corporación. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS