O 100% dos positivos de COVID-19 secuenciados nas áreas sanitarias de Pontevedra e A Coruña corresponden á cepa británica. Está a avanzar aceleradamente en todas as cidades galegas. En Vigo son de cepa británica o 91% dos casos e en Santiago, o 94% dos casos.
A catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, África González:
Está completamente asentada en Galicia. É máis contaxiosa, ten máis carga viral e as hospitalizacións que causa son máis longas.
A cepa británica está a cumprir os pronósticos dos expertos e está a desprazar a outras cepas.
Esta conclusión despréndese dun estudo realizado por investigadores dos sete hopspitais de referencia das áreas galegas.
O estudo confirma que xa se detectaron polo menos ata seis linaxes diferentes da variante británica procedente doutros países de Europa, Estados Unidos, Arxentina e outras zonas de España.