viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA Deputación apraza o último dos coloquios de A Movida Literaria polo...

A Deputación apraza o último dos coloquios de A Movida Literaria polo falecemento de Miguel López, O Hematocrítico

A Deputación de Pontevedra apraza ata novo aviso o último dos coloquios que ía acoller este mércores a sede de Vigo no marco de A Movida Literaria polo triste falecemento de Miguel López, O Hematocrítico. A institución provincial súmase á dor da familia e amizades dunha das persoas que máis contribuíu ás letras infantís e xuvenís en Galicia, eixo temático sobre o que ía versar o último dos coloquios deste ciclo no que, ademais, ía participar a súa parella, Ledicia Costas.

“A Movida Literaria”, enmarcada na oferta cultural que a vicepresidenta primeira e delegada da área de Cultura da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, ten deseñado para a sede viguesa para os últimos meses do ano, íase pechar este mércores, 29 de novembro, cun coloquio sobre literatura infantil e xuvenil en Galicia tras ter celebrado outro sobre novela negra e social. Nesta última cita do ciclo de debates sobre literatura da Deputación, aprazada ata novo aviso por mor do pasamento de Miguel López, ademais de Costas ían participar Marcos Calveiro, María Reimóndez e Manuel Esteban, todos eles amigos do falecido.

A Deputación de Pontevedra traslada «o seu fondo pesar por esta triste noticia e achegar todo o agarimo da Corporación Provincial á familia, amizades e seres queridos de Miguel López».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS