A Consellería de Sanidade vén de facer público a través dunha nota de prensa que «respecto ao gromo de lexionela detectado nos concellos da Guarda e do Rosal, das dez persoas afectadas neste momento permanecen ingresadas tres persoas». Delas, unha atópase na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e dúas están en planta. Ademais, foron dadas de alta sete persoas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sandiade «segue a investigar a orixe do gromo polo que aínda non se pode consluír cal é a fonte de exposición».