Os datos da identificación do cadáver que apareceu este xoves pola tarde no Porriño corresponden a unha muller que desapareceu esta fin de semana en Vigo. Todo apunta que é unha muller natural de Ourense e que se dedicaría á prostitución. Agora, investígase como morte violenta posto que tiña un trozo de tea metido na súa boca. Segundo fontes do caso, tería 37 anos.
O cadáver apareceu este xoves no polígono industrial das Gándaras, nun monte preto da estación de ITV, no Porriño. Atopouno un conductor que estacionou o seu vehículo para falar por teléfono. Foi entón cando deu a voz de alarma sobre o que lle parecía un corpo sen vida.
A investigación céntrase en esclarecer como faleceu a muller e se o corpo foi trasladado alí.
Veciños da zona falaron para Si Radio e admitiron «ter medo porque somos mulleres e hai nenos pequenos tamen pola zona» e calificaron este suceso como «triste noticia».