sábado, diciembre 21, 2024
InicioNewsPonteareas pon en marcha a contratación do plan da Lomba para dar...

Ponteareas pon en marcha a contratación do plan da Lomba para dar «seguridade xurídica ao tecido empresarial»

O Concello de Ponteareas pon en marcha a oferta de contratación pública para o “Servizo de redacción do plan parcial para desenvolver o sector de solo industrial de A Lomba”. Segundo apuntan dende o goberno municipal, trátase «dunha prioridade que se sitúa
como obxectivo das políticas de promoción de actividades económicas e industriais deste termo municipal».

En palabras da Concelleira de Urbanismo Silvia Fernández “este contrato dará resposta a unha demanda histórica e aportará seguridade xurídica ao tecido empresarial de Ponteareas; non só ás empresas xa existentes, senón tamén ás que virán no futuro para que poidan asentarse”. Ademais confirmou que “proximamente convocaremos a todos os axentes implicados, empresarios, propietarios, asociacións, etc., para facelos partícipes e informalos de todo o procedemento”.

A alcaldesa, Nava Castro, sinala que «o obxectivo primordial deste contrato público é
potenciar e expandir as actividades económicas xa presentes na zona, permitindo o
seu crecemento e a incorporación de novas industrias lixeiras e non contaminantes” de igual maneira que «resolver as necesidades de infraestrutura viaria dentro deste ámbito.

O goberno liderado por Castro apunta que «a elaboración deste Plan vén a cubrir unha das grandes carencias coas que se aprobou o PXOM no anterior mandato, como é a ausencia de solo industrial para o asentamento de novas empresas o que condiciona de forma singular o desenvolvemento económico da vila».

O importe do contrato para a redacción do plan parcial que rexerá o desenvolvemento
deste sector ascende a un total estimado de 99.720 euros. A data límite para
presentarse á oferta será o vindeiro mércores 29 de novembro e, unha vez resolta, o
prazo de execución do contrato será de 12 meses a contar dende o día seguinte á súa
sinatura.A redacción do Plan Parcial realizarase conforme á normativa vixente, integrando as directrices da Lei do Solo de Galicia e todas as determinacións do PXOM pertinentes
para este sector.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS