sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsEsgotadas en quince minutos as entradas para opartido da Selección Feminina de...

Esgotadas en quince minutos as entradas para opartido da Selección Feminina de Fútbol en Pasarón

O Estadio Municipal de Pasarón colgou en apenas 15 minutos o cartel de completo para ver o partido oficial que enfrontará á Selección Española Feminina de Fútbol e o conxunto nacional de Italia o vindeiro 1 de decembro na Women’s Nations League e que será patrocinado pola Deputación de Pontevedra.

A volta das campioas do mundo a Pontevedra suscitou un grande interese por parte da
cidadanía, que tan só tardou uns minutos en esgotar as localidades que había dispoñibles para as diferentes zonas do estadio. Unha resposta masiva que da conta da gran expectación que hai ante esta cita deportiva, así como a aposta da Federación de Fútbol e os diferentes colaboradores, entre os que se atopa a Deputación, por ofrecer uns prezos accesibles que ían desde os 10 euros nas gradas de Fondo e os 15 en Tribuna, pasando polos 12 das localidades de Preferencia.

A Deputación colabora con este encontro, que converterá a Pontevedra de novo en escenario dunha competición deportiva internacional de gran importancia, como parte do seu compromiso co deporte ao tratarse dun eixos prioritarios do Goberno provincial. Neste sentido, a administración provincial apoiará economicamente esta cita ante a selección italiana cun patrocinio de 200.000 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS