Bares, restaurantes e cafeterías non terán un horario de apertura máis amplo nin máis aforamento nos seus negocios esta Semana Santa. Unha vez rematados os festivos, o 6 de abril, o comité clínico avaliará a situación epidemiolóxica para valorar avances na súa desescalada.
A doutora PIlar Farjas, membro do comité clínico galego:
O propio sector está dacordo, mellor así que dar de novo pasos atrás e que teñan que volver pechar os seus negocios.
A conselleiro de Vicepresidencia, Alfonso Rueda, a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, e representantes dos hostaleiros galegos volverán reunirse o 5 de abril para analizar a situación unha vez superados os días festivos.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, descartou hoxe que o Goberno central pretenda restrinxir ás 20.00 horas o toque de recollida ante o aumento de novo dos contaxios en España.