sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta prepara un cribado de violencia machista para adolescentes

A Xunta prepara un cribado de violencia machista para adolescentes

Será en 2024 cando o Sergas faga un cribado de violencia machista en menores e adolescentes. Actualmente lévase a cabo para maiores de 15 anos.

A secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato Mosquera, fixo este anuncio na inauguración dunha xornada sobre violencia de xénero, con motivo da conmemoración, o próximo 25 deste mes, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Lobato sinalou que para a elaboración do cribado constitúe un grupo de traballo interdisciplinar, con profesionais de pediatría, psiquiatría e traballo social, entre outros, e actuando en colaboración co Instituto de Medicina Legal e demais institucións implicadas. Engadiu que Sanidade tamén ten previsto desenvolver «un procedemento fronte á violencia na infancia e adolescencia, que incluirá a atención no caso de agresións sexuais».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS