sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasNigrán celebra un referendo para decidir o sentido de circulación dunha rúa

Nigrán celebra un referendo para decidir o sentido de circulación dunha rúa

Os veciños de Bouzavella (Panxón) decidirán este xoves nun referendo convocado polo Concello de Nigrán o futuro da súa rúa: bidireccional (como é actualmente) ou de sentido único a partir do cruce de Gorféns. Así, toda persoa maior de 18 anos empadroada nesta estrada e provista de DNI está chamada a votar en furna o xoves 23 de novembro Salón de Plenos do Concello de Nigrán, de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas. Deste xeito, o goberno de Nigrán aposta novamente pola participación cidadá para «zanxar definitivamente este conflito entre os residentes da zona, enfrontados entre as dúas opcións desde hai anos», segundo apuntan dende a administración local liderada polo socialista Juan González.

O referendo acordouse no pleno ordinario de setembro ao presentar o PSOE esta emenda concreta a unha proposta inicial do BNG que instaba a realizar un proxecto de seguridade viaria na zona. Non é a primeira vez que Nigrán organiza unha consulta pública posto que en xuño convocou á veciñanza para decidir sobre a presenza de cans nas praias do municipio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS