sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsA Garda Civil investiga a unha muller de Pontevedra por deixar morrer...

A Garda Civil investiga a unha muller de Pontevedra por deixar morrer de fame a tres gatos e un can

A Garda Civil investiga a unha muller de 39 anos como presunta autora dun delito contra os animais ao descubrir que deixou morrer de fame e de sede a tres gatos e a un can da súa propiedade no interior dun piso, no lugar de Monteporreiro, no término municipal de Pontevedra.

O Servizo de Protección da Natureza da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra tivo coñecemento dos feitos a través dos funcionarios de Xustiza, quenes executaran unha orde de desafiuzamento dun domicilio por impagos do alugueiro, «atopándose unha escena macabra con varios animais mortos no seu interior», segundo apuntan fontes do caso.

Na vivenda, os axentes observan no salón os restos de tres gatos mortos, un deles en estado de momificación e os esqueletos de outros dous felinos. Detrás da porta da cociña atopábase outra esqueleto que «podería corresponder a un can, ao que se pudo identificar coa elctura do seu microchip identificativo».

Das investigacións realizadas e as testemuñas dos veciños, localizouse á última persoa que residiu nes vivenda. Trátase dunha muller de 39 anos que residiu nese domicilio coa sú aparella e con dos menores de idade, «coincidindo esta coa persoa que cosnta no rexistro como titular do microchip que identificaba ao can morto».

Os veciños aseguraron que «había xa meses que desa vivenda se desprendían fortes cheiros, dende que a parella desta muller tivera que abandonar a vivenda ao serlle imposta unha orde de afastamento da investigada».

Segundo apuntan, non é a primeira vez que a muller investigada comete este tipo de feitos xa que lle constan outros dous episodios anteriores nos que a Policía Local de Pontevedra tivo que intervir e investigala por feitos similares.

Por estes feitos, o SEPRONA instrúe dilixencias policiais por un presunto delito contra os animais «coa novidade de ser as primeiras actuacións nesta materia coa modificación do código penal xa en vigor, que aumentou as penas por estes feitos ata ous dous anos de prisión».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS