Foi a propia afectada a que chamou aos servizos de emerxencia, logo de caer no burato ao ceder a tapa.
Unha veciña do lugar das Penas, en Ponteareas, chamou hoxe ao 112 Galicia para pedir un rescate tras caer ao interior dun pozo.
Así o explicou a propia afectada na súa comunicación co servizo de emerxencias cando apenas pasaban uns minutos deste mediodía.
Ela mesma confirmou o seu bo estado de saúde, pero a incapacidade de saír dunha escavación de case dous metros de profundidade, a onde caeu ao ceder a tapa. Igualmente, indicou que a auga acumulada no fondo cubría apenas ata os seus xeonllos, polo que podía respirar con normalidade.
Para sacala do pozo, os xestores do 112 Galicia pediron a intervención dos membros do GES-Bombeiros de Ponteareas, que tamén recibiron o apoio e colaboración dos voluntarios de Protección Civil.
Do mesmo xeito, solicitouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o envío de medios co obxectivo de verificar o bo estado de saúde da muller e avisouse ás forzas de seguridade locais e da Garda Civil.