martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasVal de MiñorDetidos en Baiona con 34 pastilla de metadona e 63 doses de...

Detidos en Baiona con 34 pastilla de metadona e 63 doses de heroína

A Garda Civil detivo a unha parella de Baiona acusada dun presunto delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas, tras ser sorprendidos con estupefacientes nun control por estrada en Sabarís.

Os feitos aconteceron o venres da pasada semana, nun punto de verificación de vehículos establecino na Avenida de Sabarís, á altura do quilómetro 14,750 da estrada PO-552, establecido para fiscalizar o cumprimento das medidas de restrición impostas polas normas sanitarias do COVID-19.

A actitude sospeitosa dos ocupantes dun dos vehículos que foron interceptados no dispositivo propiciou que os integrantes do control realizasen unha minuciosa inspección tanto do vehículo como do condutor e acompañante. No rexistro, os axentes incautáronse de 34 pastillas de metadona e 63 doses de heroína, ademais dunha báscula de precisión que levaban escondida debaixo de un dos asentos.

Tanto a condutora como o seu acompañante, que recoñeceron levar a droga para vender a un veciño de Baiona, foron detidos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas.

Os dous detidos, que teñen un amplo historial delituoso relacionados cos estupefacientes, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Vigo, que decretou a súa liberdade provisional con cargos. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS