Os casos activos de COVID-19 continúan descendendo pero moi lentamente, tras unha subida na área sanitaria de Vigo e na de Pontevedra. En UCI hai 49 persoas ingresadas con coronavirus, a cifra máis baixa desde fai 3 meses.
A curva dos casos activos de COVID-19 en Galicia continúa en caída pero xa moi lentamente, case imperceptible, con leves subidas en dúas áreas sanitarias; a de Vigo (+14) e na de Pontevedra (+10).
En total hai en Galicia 2.481 persoas con covid-19 no país (-38), segundo o Sergas, despois de que se detectaran 103 novos casos na última xornada.
Por áreas sanitarias, por fin esta fin de semana, a da Coruña baixou do milleiro de contaxiados:
A Coruña: 959 (-39)
Vigo: 500 (+14)
Pontevedra: 208 (-4)
Santiago: 271 (-9)
Lugo: 193 (-5)
Ferrol: 197 (-6)
Ourense: 153 (-1)
Nos hospitais as cifras continúan estables hai 264 persoas ingresadas pola covid-19 en Galicia, das cales 215 están en planta (=) e 49, nas UCI (-2). Este último dato é o máis relevante, logo de que tiveran que pasar tres meses para Galicia baixara dos cincuenta casos graves hospitalizados por coronavirus.
Logo de que falecera un paciente de covid-19 ho hospital de Santiago procedente da residencia Coviastec de Silleda, son un total de 2.320 as vítimas mortais no que vai de pandemia en Galicia.