domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta concede 2,2 millóns para a xestión de residuos nos concellos

A Xunta concede 2,2 millóns para a xestión de residuos nos concellos

A Xunta de Galicia concedeu este ano máis de 2,2 millóns de euros en axudas a entidades locais para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para os anos 2023 e 2024, co fin de impulsar a economía circular no eido local e avanzar cara ao cumprimento dos obxectivos comunitarios na materia.

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se fai pública a relación de subvencións concedidas ao abeiro desta orde de axudas, que recolle ao redor de 60 beneficiarios entre entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia.

Segundo constaba nas bases, o financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excede o 90% do custo total do proxecto. A porcentaxe restante será asumida pola entidade beneficiaria.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS