martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsComarcasOs contaxios aumentan en Soutomaior e a incidencia baixa en Mos

Os contaxios aumentan en Soutomaior e a incidencia baixa en Mos

Soutomaior volve rexistrar a peor situación epidemiolóxica da bisbarra con máis de 75 casos por cada 100.000 habitantes.

 

Segundo a última actualización de Sanidade, o municipio de Soutomaior aumenta, de novo, o número de novos casos diagnosticados nunha semana. Con non máis de nove contaxios entre a súa veciñanza, sitúase nunha incidencia entre 75 e 125 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana e menos de 250 en dúas 

Baiona, pola súa banda, aumenta ata a incidencia na COVID-19 na que se atopa a maioría dos municipios das comarcas: entre 25 e 75 casos por cada 100.000 habitantes. Á mesma, á que baixa o concello do Rosal. Así, súmanse estes concellos aos de  Oia, A Guarda, Tomiño, Gondomar, Nigrán, Vigo, Redondela, Fornelos de Montes, O Porriño, As Neves e Crecente.

A presión do virus descende en Mos ao situarse agora en menos de 25 casos por cada 100.000 habitantes e menos de 50 a dúas semanas. Xunto a este municipio da Louriña, tamén melloran a súa situación epidemiolóxica A Cañiza e Tui.

Pazos de Borbén, Mondariz, Salceda de Caselas, O Covelo e Salvaterra de Miño manteñen o contador a cero en canto aos novos casos que diagnostica o SERGAS entre os veiciños e as veciñas destas localidades. Con todo, aínda non están libres do virus pois contan con contaxios a dúas semanas. Ponteareas, cunha incidencia inferior aos 10 casos por cada 100.000 habitantes, non rexistra máis de nove casos positivos.

Si están libres do virus Mondariz-Balneario e Arbo.

Facelece unha persoa na Área Sanitaria de Vigo por mor da COVID-19

O SERGAS vén de notificar o falecemento dunha muller de 99 anos, que fora diagnosticada por coronavirus, no CHUVI o día 20 de marzo. A muller presentaba patoloxías previas, segundo informan desde Sanidade.

Con esta nova morte, son xa 407 as persoas que perderon a vida por mor da COVID-19 na área.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS