Son 8 persoas máis as que precisan de hospitalización pola COVID. Con este aumento de ingresos, son 205 en camas convencionais.
Segundo Sanidade, descede o número de positivos en COVID-19 activos na comunidade. Son 12 menos que onte polo que 2563 galegos e galegas teñen, arestora, o virus. Aumenta a presión hospitalaria en 8 pacientes máis. Deles, 5 pertencen á Área Sanitaria de Vigo e dous á de Ourense. Nas UCI son dúas persoas menos ata as 53.
Estes son os datos en canto ao número de positivos activos por áreas:
- Área Sanitaria de Vigo: 487 (=)
- Área Sanitaria de Santiago: 271 (-4)
- Área Sanitaria de Pontevedra: 210 (+6)
- Área Sanitaria de Ourense: 159 (-3)
- Área Sanitaria de Lugo: 216 (+6)
- Área Sanitaria de Ferrol: 213 (-7)
- Área Sanitaria da Coruña: 1007 (-10)
A da Coruña segue sendo a que máis pacientes ten ingresados na UCI e tamén en camas convencionais. Con 21 e (+1) e 74 (-1), respectivamente. É a de Vigo a que rexistra un maior aumento no número de persoas ingresadas con cinco máis e manten en 12 os pacientes nas unidades de críticos.
Falece unha persoa nas últimas 24 horas por mor da COVID-19
O SERGAS vén de notificar a morte dunha muller de 87 anos no CHUAC. A muller presentaba pataloxías previas, segundo Sanidade. Desde o inicio da pandemia, son xa 2316 as persoas que perderon a vida por mor da COVID-19 na comunidade.