martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsComarcasAs Neves e Crecente volven rexistrar positivos en COVID-19

As Neves e Crecente volven rexistrar positivos en COVID-19

Os dous concellos do Condado e e da Paradanta volven a rexistrar contaxios entre a súa veciñanza logo de varias xornadas sen eles

Segundo a última actualización do SERGAS, os municipios das Neves e de Crecente contan, de novo, con positivos en COVID-19 entre a súa veciñanza en 7 días. No caso do concello da Paradanta, non ocorría desde a primeira semana do mes de marzo e no caso da localidade do Condado, entrou na listaxe dos municipios libres do virus o 12 deste mes. Ambos rexistran, arestora, novos positivos diagnosticados.

Deste xeito, sitúanse na mesma incidencia que a maioría dos concellos da bisbarra: entre 25 e 75 contaxios por cada 100.000 habitantes. Ao igual que Tomiño, que descende o número de positivos entre a súa veciñanza. Pola contra, aumenta A Cañiza e Nigrán. Os municipios da Guarda, Oia, Gondomar, Vigo, Redondela, Soutomaior, Fonelos de Montes, Mos e O Porriño manteñen esta situación epidemiolóxica. Deles, é Soutomaior o que continúa con máis de 150 contaxios en dúas semanas.

O Rosal é agora a única localidade cunha incidencia que supera os 75 casos por cada 100.000 habitantes en 7 días. Con todo, a presión do virus no concello, a dúas semanas, segue fóra de risco con menos de 150. Baiona aumenta ata máis de 10 contaxios por cada 100.000 habitantes.

Nunha semana, os municipios de Pazos de Borbén, Mondariz, O Covelo, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño non rexistran ningún caso positivo entre os seus veiciños e as súas veciñas, pero si contan con contaxios en dúas semanas polo que aínda non están libres do virus. Ponteareas baixa a súa incencia a menos de 10 casos por cada 100.000 habitantes en 7 días.

Son dous concellos os que están agora libres da COVID-19 Mondariz-Balneario e Arbo.

Aumenta o número de persoas ingresadas na Área Sanitaria de Vigo

Segundo a última actualización o SERGAS, son cinco persoas máis as que precisan de hospitalización por mor do virus na Área Sanitaria de Vigo. Deste xeito, son 49 pacientes en camas convencionais e manten o número na UCI, que son 12. Non aumenta, pola contra, o número de positivos activos polo que mantense en 487.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS