domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsA RaiaQue facer esta fin de semana nas comarcas: teatro, cine e magosto

Que facer esta fin de semana nas comarcas: teatro, cine e magosto

Na axenda cultural das comarcas existe durante esta fin de semana unha multitude de opcións para tentar escorrentar a choiva. Falamos de actividades que teñen que ver co teatro, co cine e mesmo con festas de magosto.

Cine

Este venres proxéctase Matria do director Álvaro Gago no Teatro Municipal de Tui. A cita será ás 21.30 horas e forma parte da programación de outono. As entradas están á venda en tui.gal

O filme, con 100 minutos de duración, está protagonizado por María Vázquez no papel de Ramona, , unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse a flote e proporcionar un futuro mellor a súa filla Estrella. Pero cando Estrella está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma. Por este papel María Vázquez recibiu o Premio á mellor actriz no Festival de Málaga.

Homenaxe a Reveriano Soutullo e ao veciño de Covelo, Mingos

Ponteareas lembra esta fin de semana a un dos seus referentes na música, Reveriano Soutullo. Será o domingo 12 no auditorio que lle da nome o autor. Haberá una ofrenda floral ás 13:15 no monumento da casa do concello e, posteriormente, un concerto no Auditorio municipal a cargo da Banda de Música Reveriano Soutullo de Ponteareas para celebrar os 94 anos do seu famoso pasodobre.

En Covelo, hai unha cita coa memoria lingüística cunha homenaxe ao gaiteiro Mingos, fundador do orfeón Treixadura no camposanto de Barcia de Mera. É o sábado a partir das 13:00 horas.

Teatro

Este sábado, en Mondariz, Isabel Risco interpreta a obra de teatro Bravas, unha obra que está incluida no programa novembro violeta e que trata sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun clan que elas mesmas paren, amamantan ,manteñen, constrúen cos alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade. Será no auditorio municipal a partir das 21:00 horas con entrada libre ata completar aforo.

A actriz Isabel Risco ponse na pel dunha muller do rural galego de finais do século XXVII, dunha muller en loita en plena revolución industrial, dunha rapaza que descobre o mundo nos anos 60, … Mulleres do noso pasado, do noso presente e, tamén, do noso futuro. E todo isto pasado polo filtro cómico da actriz.

Volvemos a Ponteareas porque o grupo de teatro Pena do Equilibrio inaugura o ciclo Tea Trea a partir das 20:00 horas no auditorio municipal coa peza o importante é ter saúde. En Si Radio de Galicia falamos cunha das actrices da obra:

O Centro Cultural da Guarda acolle este sábado 11 de novembro a función Hugo, a cargo da compañía Os Náufragos Teatro, no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A representación dará comezo ás 18:00 horas no salón de actos do centro e a entrada será libre ata completar o aforo.

O Concello de Nigrán ofrece este domingo ás 19:00 horas no auditorio municipal a obra Camiños e Carreiros da compañía coruñesa Andaravía Teatro, función encadrada no circuito galego de teatro amador 2023. A entrada é de balde ata completar aforo.

Esta comedia para todos os públicos escrita e dirixida por Clara Gayo parte do “camiño de Santiago como espazo de encontro”: encontro entre culturas, intereses e inquedanzas. Dous veciños de Vedra unen as súas forzas para poder sacar uns cartos extras beneficiándose da proximidade do Camiño de Santiago. Estarán preparados para atender e comprender as novas demandas do Camiño do século XXI?

Nas Neves, a partir das 18:00 horas, o auditorio municipal acolle Brincadeiras da lingua un espectáculo que ten como obxetivo dar a coñecer a variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e formentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Será mediante xogos verbais de participación, cancións, contos e outros recursos… Organizao o Concello das neves  a entrade é libre ata completar aforo.

E si o que queren é pasar ao outro lado da raia, o Centro Dramático Galego afonda na conexión coas principais entidades teatrais lusas nun espectáculo sobre a figura da actriz galega Manuela Rey. Estréase este venres no Teatro Municipal Sá de Miranda para inaugurar o Festival de Teatro de Viana do Castelo e poderá verse en marzo en Santiago de Compostela. En Si Radio falamos co director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, que é o director da obra:

Gastronomía

Este memo venres comeza unha nova fin de semana para degustar Porriño coas rutas de «pincho» dende as 19:00 horas ata as 23:00 horas e no mesmo horario tamén durante este sábado.

Mondariz-Balneario celebra un magosto o sábado ás 20:00 horas na praza de abastos no que además haberá un concurso de postres coa temática de outono. Haberá bocadillos de chourizo, viño e tamén auga.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS